Sobre nosotras
A Academia Espazo Cultural As Marías nace en febreiro do 2022 no barrio de Conxo, cos obxectivos de dar resposta a unha necesidade educativa e implicarse no movemento cultural e social da zona.
Desta forma, o noso proxecto conta con dúas propostas diferenciadas entre si e á vez retroalimentadas unha da outra: o reforzo educativo e o espazo cultural e social.
Por unha banda, o reforzo educativo ten como finalidade dar resposta ás familias que precisan dun recurso que axude a superar as dificultades académicas das súas nenas e nenos, ofrecéndolles un recurso personalizado para cada tipo de apoio que precisen.
Por iso, ofrecemos unha atención íntegra en todas os niveis educativos, dende primaria ata o bacharelato.
Pensando nestas familias con menores en idade de escolarización, tamén contamos cos nosos programas de conciliación, os cales ofrecen un horario amplo de actividades nos períodos vacacionais, onde as crianzas teñen acceso a unha gran cantidade de actividades educativas e de ocio.
Noticias
Nuevas actividades
En la Academia y Espacio Cultural As Marías, hemos lanzado nuevas actividades que nos llenan de entusiasmo, porque sabemos que van a enriquecer aún más la experiencia de todos los que se acercan a nuestro espacio en Santiago de Compostela. Hemos creado talleres...
